Blogia
inquedanzas

comeza a viaxe...

comeza a viaxe... E eiquí comeza a miña viaxe...
Que mellor día que un coma este 5 de xuño de 2005 para reflectir o que é a vida...
En primeiro lugar quería darlle unha pequena homenaxe a ese grande equipo que ocupa un trociño do meu corazón... Xa volven a estar entre os máis grandes, de onde nunca deveu sair. Sempre Celta!
E en segundo lugar cagarme na vida, porque un día coma este, no que debería estar ledo, soio podo pensar en que puta merda de vida me toca viver. Levo toda a tarde de mala ostia, discutindo cos meus pais por subnormalidades e albiscando que o meu futuro está cada vez máis negro por un temiña que xa iredes coñecendo... Me cago na ostia...
O dito, que esta vida é un val de sorrisos e bagoas, o Celta ascende a primeira e eu afundome na miseria...
Quédame o consuelo de aprender del, con esforzo, entrega, corazón e carraxe, de todo se sae...
Esperemos que sexa así.
Unha aperta!

+Audio: Bad Religion - All There Is

0 comentarios